DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 26 de xuño de 2026 Páx. 36716

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2026 pola que se aproba e se fai pública a lista definitiva de persoa admitida e se convoca a persoa aspirante á realización do segundo exercicio do proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade saúde (Ciencias Morfolóxicas), grupo III, pola quenda de promoción interna, do cadro de persoal laboral.

Mediante a Resolución reitoral do 8 de xaneiro de 2026 (DOG do 22 de xaneiro) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade saúde (Ciencias Morfolóxicas), grupo III, pola quenda de promoción interna, do cadro de persoal laboral.

Mediante a Resolución reitoral do 21 de maio de 2026 (DOG do 1 de xuño) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo, e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista definitiva de persoa admitida ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada lista definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Convocar a persoa aspirante admitida á realización do segundo exame da fase de oposición (proba tipo test) o día 14 de setembro de 2026, ás 9.30 horas, na Sala de Seminarios de Anatomía na Facultade de Medicina e Odontoloxía (rúa de San Francisco, s/n, Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal no taboleiro electrónico da Universidade e na páxina web

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mencionado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2026

Rosa María Crujeiras Casais
Reitora da Universidade de Santiago de Compostela