Ao ser preciso o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e da retirada de árbores das especies incluídas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e conforme o establecido no artigo 22.3 da Lei 3/2007, e nos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento son descoñecidos ou non sexa posible a notificación aos interesados, as notificacións efectuaranse mediante un anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado cos datos identificativos do terreo, e a eficacia do acto notificado quedará supeditada á publicación no Boletín Oficial del Estado.
Por medio deste anuncio comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga de xestión da biomasa e/ou retirada das especies arbóreas prohibidas, para o cal son requiridas e se lles concede un prazo máximo de quince (15) días naturais desde a publicación no Boletín Oficial del Estado deste anuncio.
Transcorrido o dito prazo, e no caso de persistencia no incumprimento, procederase á execución subsidiaria con repercusión na propiedade dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, o comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda pola comisión dunha infracción leve tipificada no artigo 50.2.1 da Lei 3/2007, sancionable con ata 1.000 €, segundo establece o artigo 74 da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes.
Ademais, advírteselles que o incumprimento da xestión da biomasa conforme o artigo 21.ter da Lei 3/2007 poderá supoñer a repercusión dos gastos de extinción de incendios, no caso de producirse, conforme o establecido no artigo 48.9 do citado texto legal.
Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas interesadas que poderán acceder ao expediente completo nas oficinas municipais do Concello de Cenlle.
|
Núm. expediente |
Nome/DNI/CIF |
Referencia catastral |
|
122/2026 |
Veciños de Saa |
32026A020010000000TI |
|
123/2026 |
Veciños de Sadurnín |
32026A018020030000TO |
|
124/2026 |
Pilar Carnero Domínguez |
32026A020002850000TI |
|
124/2026 |
Peregrina Suárez Canitrot |
32026A020002870000TE |
|
124/2026 |
Veciños de Saa |
32026A019020000000TB |
|
156/2026 |
En investigación |
32026A014003810000TM |
|
156/2026 |
Antonio Alberte Rodríguez |
32026A014003940000TZ |
|
156/2026 |
Rosa Iglesias Novoa |
32026A014003950000TU |
|
160/2026 |
Manuel Levoso Estevez |
32026A014000710000TJ |
|
157/2026 |
José Antonio González Nogueira |
32026A011000280000TL |
|
156/2026 |
Elvira González Fernández |
32026A014003820000TO |
|
156/2026 |
María Remedios Piñeiro Álvarez |
32026A014003860000TX |
|
156/2026 |
Inocencio Piñeiro González |
32026A014004050000TL |
Cenlle, 4 de xuño de 2026
Rebeca Sotelo Fernández
Alcaldesa
