DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Luns, 29 de xuño de 2026 Páx. 37027

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 11 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se empraza ás persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia (expediente CO-RES-2025-026 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que a notificación das resolucións mencionadas no anexo fose devolta polo servizo de Correos por resultaren descoñecidas as persoas destinatarias ou porque, intentada dúas veces, non se puido efectuar, emprázase ás persoas interesadas que se sinalan no dito anexo para seren notificadas por comparecencia.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, situadas no edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro das mencionadas resolucións e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

CO-RES-2025-026

53480364M

Resolución de expediente sancionador

OU-RES-2025-027

33548456N

Resolución de expediente sancionador

OU-RES-2025-060

21076694T

Resolución de expediente sancionador