DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Luns, 29 de xuño de 2026 Páx. 37025

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

EXTRACTO da Resolución do 11 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se revoga a autorización administrativa do parque eólico Ampliación Monte Arca, situado nos concellos de Cuntis e da Estrada (Pontevedra) e promovido por Sistemas Energéticos Cuntis, S.A. (expediente IN661A 2010/1-4).

De conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o extracto da Resolución do 11 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se revoga a autorización administrativa do parque eólico Ampliación Monte Arca, situado nos concellos de Cuntis e da Estrada (Pontevedra) e promovido por Sistemas Energéticos Cuntis, S.A. (expediente IN661A 2010/1-4).

Primeiro. Contido da resolución e condicións que a acompañan:

A dita resolución dispón o seguinte:

1. Revogar a autorización administrativa do parque eólico Ampliación Monte Arca, situado nos concellos de Cuntis e da Estrada (Pontevedra) e promovido por Sistemas Energéticos Cuntis, S.A.

2. Arquivar o expediente do parque eólico Ampliación Monte Arca (expediente IN661A 2010/1-4).

Segundo. Principais motivos e consideracións nos que se basea a resolución:

1. O 20.12.2006, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental do parque eólico Monte Arca, que se que se fixo pública mediante a Resolución do 7 de febreiro de 2007, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas. A citada declaración de impacto ambiental é común para as tres fases en que se proxectou a construción do parque eólico.

2. Mediante a Resolución do 30 de abril de 2010, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, publicouse a relación de solicitudes de outorgamento de autorización administrativa de instalación de parques eólicos para promotores titulares de plans eólicos empresariais, entre as que se atopaba a presentada por Siemens Gamesa Renewable Energy Wind Farms, S.A.U. para o parque eólico Ampliación Monte Arca, cunha potencia de 4 MW.

3. O 8.10.2010, Juan Barreiro Grandío, en representación de Siemens Gamesa Renewable Energy Wind Farms, S.A.U., e Teodoro Monzón Arribas, en representación de Sistemas Energéticos Cuntis, S.A., solicitaron a autorización administrativa do parque eólico Ampliación Monte Arca a nome desta última sociedade, de conformidade co establecido no artigo 36 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, na súa redacción vixente naquela data.

4. O 12.1.2011, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental informou de que, dado que as dúas máquinas proxectadas ocupaban posicións recollidas na declaración de impacto ambiental emitida o 20.12.2006 para o parque eólico Monte Arca, se consideraba cumprido o trámite ambiental do parque eólico Ampliación Monte Arca, resultándolle de aplicación, na súa totalidade, o condicionado establecido na citada declaración de impacto ambiental.

5. O 9.2.2012 fíxose pública a Resolución do 13 de decembro de 2011, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autorizou administrativamente o parque eólico Ampliación Monte Arca, situado nos concellos de Cuntis e da Estrada (Pontevedra) e promovido por Sistemas Energéticos Cuntis, S.A. (expediente IN661A 2010/1-4).

6. Mediante a Resolución do 28 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, sometéronse a información pública a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que esta implica, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da instalación eléctrica, a solicitude de acollemento ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica e a aprobación do proxecto de execución das instalacións correspondentes ao parque eólico Ampliación Monte Arca. No entanto, a promotora non continuou coa tramitación do expediente.

7. O 15.4.2025, Siemens Gamesa Renewable Energy Wind Farms, S.A.U. solicitou o peche de calquera expediente aberto relacionado co parque eólico Ampliación Monte Arca fase I, nos termos municipais de Cuntis e A Estrada (Pontevedra).

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2026

Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático