Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o acordo de inicio ditado pola persoa titular do Servizo de Mobilidade do Departamento Territorial de Ourense no expedientes sancionador OU-00043-O-2026, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro do acordo que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición da persoa interesada no Servizo de Mobilidade do Departamento Territorial de Ourense.
Outorgáselle un prazo quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegar o que considere conveniente e presentar ou propoñer as probas que considere oportunas.
No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.
Ourense, 10 de xuño de 2026
Hipólito Casas Conde
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense
ANEXO
|
Expediente Matrícula |
DNI/CIF denunciado |
Infracción denunciada Data-Hora-Estrada-p.q. |
Precepto |
Precepto |
Sanción proposta |
|
OU-00043-O-2026 1433-CRZ |
44487643P |
Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. |
Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
