DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Luns, 29 de xuño de 2026 Páx. 37034

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción, e se declara a utilidade pública, en concreto, para os efectos da urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Becerreá (expediente IN407A 2025/70 ATE).

Examinado o expediente instruído por instancia da empresa UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo para os efectos de notificación na avenida de América, 38, 28028 Madrid, aprécianse os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Con data do 27 de febreiro de 2025, a empresa solicita a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, para a instalación eléctrica denominada proxecto para LMTA, CTI, RBTA Guilfrei no concello de Becerreá, segundo consta no proxecto asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, con data do 27 de febreiro de 2025, en que se xustifica a necesidade da instalación, ao que fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), que regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e xuntando a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro) e o artigo 143 do Real decreto 1955/2000, antes citado.

Segundo. O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, mediante o Acordo deste departamento territorial do 19 de novembro de 2025. Este acordo foi publicado no diario La Voz de Galicia do 8 de decembro de 2025 e no Diario Oficial de Galicia do 11 de decembro, no taboleiro de anuncios do citado departamento territorial e no taboleiro de anuncios do Concello de Becerreá. Con este acordo inseríase a relación de bens e dereitos afectados.

Terceiro. Déuselles traslado das separatas do proxecto ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas e cumpríronse os trámites establecidos no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Cuarto. Durante o trámite de información pública consta alegación de Mª Teresa Valcarce Álvarez, en que reclama a titularidade da parcela núm. 5 da RBD publicada e a modificación da localización do CTI proxectado. Estas alegacións trasladáronse a UFD Distribución Electricidade, S.A. o 14 de xaneiro de 2026, e a resposta da distribuidora remitiuse á alegante o 20 de abril de 2026.

UFD Distribución Electricidade, S.A. achega unha nova RBD actualizada na que inclúe á alegante como titular proposta e, respecto da localización da instalación remítese ao informe favorable do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural en Lugo, e á lexislación pertinente, onde literalmente contestan «O trazado elixido realizouse en observancia do disposto no Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 e, en especial, segundo o disposto no punto 1.5.1 da ITC-LAT 07, que di que as liñas eléctricas se estudarán seguindo o trazado que considere máis conveniente o autor do proxecto no seu intento de lograr a solución óptima para o conxunto da instalación», sen prexuízo do dereito da alegante a presentar folla de valoración en trámite oportuno.

Quinto. Persoal dos servizos técnicos deste departamento territorial emitiu informe favorable sobre a solicitude obxecto deste expediente, de acordo co disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro. Igualmente, unha vez revisado sobre o terreo o trazado da liña eléctrica proxectada, os referidos servizos técnicos informan que non se dá ningunha das limitacións para a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica a que se refire o artigo 161 do Real decreto 1955/2000, en relación co artigo 58 da Lei 24/2013, sobre os predios incluídos na relación de bens e dereitos que foi obxecto de información pública e sobre os que a empresa beneficiaria non chegou a un acordo amigable cos seus propietarios.

A estes feitos son de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A este departamento territorial correspóndelle resolver sobre esta solicitude de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017 do 12 de xaneiro (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Segundo. No expediente cumpríronse os trámites establecidos na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; na Lei 24/2013, e os regulamentarios previstos nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Terceiro. Á vista do informe técnico e do resto da documentación que figura no expediente, considérase que procede a autorización da instalación eléctrica.

Cuarto. Sen prexuízo do anterior, cómpre ter en conta que consonte o artigo 151 do citado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, en calquera momento a empresa beneficiaria e os titulares dos necesarios bens e dereitos poden convir un mutuo acordo, causando a correspondente conclusión do expediente expropiatorio.

De acordo co exposto e en virtude das competencias que ten atribuídas, este departamento territorial

RESOLVE:

Primeiro. Outorgar a autorización administrativa previa e de construción á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. para o establecemento da instalación eléctrica denominada proxecto para LMTA, CTI, RBTA Guilfrei no concello de Becerreá, coas seguintes características técnicas principais:

– Substitución de CT Guilfrei 100 kVA (27C945), por un novo CTI 100 kVA/20 kV, que se instalará sobre un novo apoio de celosía metálica, de tipo C12/2000.

– Nova derivada aérea da LMTA TTL806, desde o apoio nº D51, tipo HV-15/1000, ata o novo CTI, formada por dous vans de liña en condutor LA-56 e 140 m de lonxitude total. Para dar soporte a esta nova derivada, proxéctase a instalación dun novo apoio de celosía metálica de tipo C-14/2000 e novo seccionador XS para protección e manobra do CTI, que se instalará sobre o novo apoio.

– Desmantelamento da caseta do CT existente, do seccionador XS instalado no apoio D53, e dos condutores tipo LA-15 e apoios da liña LMTA TTL807 entre o apoio nº D53-9 e o CT que se vai desmantelar.

– Desmantelamento de tres vans de rede de baixa tensión aérea e un tramo de rede de baixa tensión subterránea que parten desde o CT que se vai desmontar.

– Paso aéreo-soterrado desde apoio existente, en condutor XZ1-0,6/1 kV, 4 (1×50 Al) ata interceptar a rede de baixa tensión que alimenta unha acometida existente, cunha lonxitude da liña proxectada de 36 m. O condutor discorrerá canalizado en gabia de 0,30 m de ancho e 1 m de profundidade, baixo tubo de polipropileno de 160 mm de diámetro, sendo a lonxitude da canalización proxectada de 27 m.

Liñas aéreas de baixa tensión, coa construción de:

– Un van RBTA de 12 m de lonxitude, en condutor RZ 3X95/54,6 desde a saída do CTI ata apoio existente tipo HV-9/630.

– Un van RBTA de 50 m de lonxitude, en condutor RZ 3X150/80 desde a saída do CTI ata apoio existente tipo HV-11/630.

– Un van RBTA de 22 m de lonxitude, en condutor RZ 2X25-Al desde apoio existente tipo HV-9/630 ata outro apoio existente tipo HV-9/250.

Segundo. Declarar a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica obxecto deste expediente, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou da adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Por isto, en cumprimento do disposto neste artigo, acórdase que polo representante da Administración se dea comezo, na data e na hora que a cada persoa interesada se lle notificará individualmente, ao levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos na relación de bens e dereitos que se inclúe no anexo desta resolución. Así mesmo, faise constar que ata o momento do levantamento das actas previas se poderán formular as alegacións que se consideren oportunas, para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados que foi obxecto de publicación nos medios e nas datas anteriormente referidos. Estas alegacións deberanse presentar por escrito perante este Departamento Territorial, da Consellería de Economía e Industria (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla 70, 27071 Lugo).

Todo isto, de acordo coas condicións seguintes:

Primeira. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e cos planos que figuran no proxecto de execución, coas condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e coas condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que se manterán as condicións regulamentarias de seguridade con carácter permanente.

Terceira. En todo momento se deberán cumprir as normas e as directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Cuarta. O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dous anos, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. En caso de resultar aplicable, en función da tipoloxía da instalación deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) nº 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) nº 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) núm. 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellos eléctricos que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura. Unha vez construídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial, acompañada da documentación requirida na lexislación vixente de aplicación.

Quinta. O incumprimento das condicións e dos requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

Sexta. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Esta resolución publícase para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa notificación/publicación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que estimen pertinente.

Lugo, 3 de xuño do 2026

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto para LMTA, CTI, RBTA Guilfrei

Concello: Becerreá.

Expediente: IN407A 2025/70 ATE.

Nº predio

Ref. catastral

Pol.

Parcela

Lugar

Cultivo

Titular

Apoio
(nº)

Cant.

Apoio.

Sup. oc. perm. (m²)

Sup. afectada por voo (lonx.)

Sup. afect. por voo (m²)

Servidume de paso

1

27006A141007690000BW

141

769

San Sebastián

Prado

Descoñecido

D51-1

1

2

53

548

2

27006A141007680000BH

141

768

Seara

Prado

Descoñecido

109

3

27006A141007650000BS

141

765

San Sebastián

Prado

Manuel Fernández Rodríguez e Marina Valcarce Sarceda

14

585

4

27006A141007550000BK

141

755

Lindeiro

Prado

Descoñecido

37

438

5

27006A141007590000BI

141

759

Prado da Porta

Prado

Mª Teresa Valcarce Álvarez

D51-2-CT

1

9

35

580

36

6

27006A141007580000BX

141

758

Horto de Suanzo

Prado

Descoñecido

128

7

27006A141007600000BD

141

760

Prado da Penela

Prado

Descoñecido

6