DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Luns, 29 de xuño de 2026 Páx. 37041

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 11 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, de comunicación da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia pola expropiación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica (expediente IN407A 2023/48-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 de la Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación, máis os xuros, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica, correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo.

Lugo, 11 de xuño de 2026

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/48-2.

Denominación: Interruptor TC no apoio BJPVVWH341 da LAMT PRS802 Monforte, 2.

Concello: Pantón.

Predio

Titularidade proposta

Depósito nº

1

Descoñecido

318/2026