DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Luns, 29 de xuño de 2026 Páx. 37076

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cabanas

ANUNCIO de nomeamento de persoal laboral fixo (expediente 89/2023).

Mediante a Resolución da Alcaldía número 2026-0400, do 20.5.2026, nomeouse como persoal laboral fixo do Concello de Cabanas a Marcos Ferreño Suárez, posuidor do DNI ***0478**, para o posto de arquitecto, grupo I, en execución da oferta de emprego público do exercicio 2022 relativa ao proceso de estabilización de emprego temporal (disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público), nomeamento que foi publicado no Boletín Oficial da provincia da Coruña número 96, do luns 25 de maio.

E así se fai público, de conformidade co establecido na cláusula cuarta das bases xerais da convocatoria.

Cabanas, 4 de xuño de 2026

Fernando Couce Rodríguez
Alcalde presidente