DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Luns, 29 de xuño de 2026 Páx. 37077

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Padrenda

ANUNCIO de nomeamento de funcionaria de carreira, auxiliar administrativa (expediente 640/2025).

Mediante o Decreto desta Alcaldía núm. 2026-0294, do 6 de xuño de 2026, resolveuse, de conformidade co recollido nas actas do tribunal seleccionador, o nomeamento dunha aspirante para a cobertura dunha praza consignada na oferta pública de emprego do exercicio 2024, de funcionario/a de carreira da Administración xeral, categoría auxiliar administrativo/a, grupo C2, nivel de complemento de destino 14 e xornada completa.

A única aspirante que obtivo a cualificación de apta é Eva Domínguez González (34****5C), con 6,91 puntos totais.

O que se fai público en cumprimento do previsto no artigo 62 do Real decreto lexislativo 5/2015.

Padrenda, 6 de xuño de 2026

Manuel Pérez Pereira
Alcalde