DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Luns, 29 de xuño de 2026 Páx. 37078

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO de modificación da porcentaxe de reserva total do solo para vivenda pública establecida no Plan xeral de ordenación municipal.

Considerando o disposto no artigo 42.9 da Lei 2/2026, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), así como no artigo 77 do Regulamento da Lei do solo de Galicia (RLSG), o Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 27 de maio de 2026, acordou modificar a porcentaxe de reserva total do solo para vivenda protexida do municipio establecida no Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) do Concello de Teo, no sentido de fixar a dita porcentaxe no 8,10 %, de acordo coa Resolución do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 25 de marzo de 2025 (DOG núm. 69, do 9 de abril), de modo que as porcentaxes do 20 % e do 30 % do PXOM quedan substituídas polo citado 8,10 %.

De conformidade cos artigos 82.2 da LSG e 199.2 do RLSG, así como cos artigos 70.ter da Lei reguladora das bases do réxime local, 87 da LSG, 206 do RLSG e 25.4 do texto refundido da Lei de solo e rehabilitación urbana, o referido acordo plenario atópase dispoñible na sede electrónica do Concello de Teo (https://sede.teo.gal/sxc/gl/informacion/tablon/2026/ANUNCIO_PROG_20260528143010329.html).

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa e que aproba unha disposición de carácter xeral, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta publicación, de acordo co disposto nos artigos 84.1 da LSG, 201.1 do RLSG, 112.3 da Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas e 10 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere procedente.

Teo, 28 de maio de 2026

Lucía Calvo de la Uz
Alcaldesa