O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria que tivo lugar con data do 28 de maio de 2026, aprobou definitivamente o proxecto de estudo de detalle para os efectos de regularizar sete (7) parcelas sitas no polígono industrial O Camballón, con referencias catastrais 8780833NH6388S0001WW, 8780834NH6388S0001AW, 8780835NH6388S0001BW, 8780836NH6388S0001YW, 8780837NH6388S0001GW, 8780838NH6388S0001QW, 8780839NH6388S0001PW.
De conformidade co disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 194 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, procédese á súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, os documentos que o integran, así como o índice de planos de estudo de detalle, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.
Vila de Cruces, 3 de xuño de 2026
Luís Celso Taboada Sánchez
Alcalde
