O artigo 27 do Estatuto de autonomía de Galicia recolle, no seu número 22, a competencia exclusiva da Comunidade Autónoma galega na promoción do deporte e a adecuada utilización do lecer. Na súa virtude, aprobouse a Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, pola que se procura, entre outros propósitos, promover o deporte de competición e de alto nivel en colaboración coas federacións deportivas e demais entidades con competencia en materia de deporte.
No ámbito do deporte de alto nivel, o artigo 35 da lei establece que, en función dos intereses deportivos da Comunidade Autónoma, poderán ser declaradas persoas deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, persoas adestradoras ou técnicas recoñecidas de alto nivel, e persoas xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel que reúnan os requisitos que se determinan regulamentariamente. A relación das persoas destes colectivos recoñecidas de alto nivel publicarase no Diario Oficial de Galicia e seranlles de aplicación os beneficios que se prevexan regulamentariamente.
En desenvolvemento da citada Lei do deporte, ditáronse o Decreto 165/2020, do 17 de setembro, polo que se regula o deporte de alto nivel, de alto rendemento e de rendemento deportivo de base de Galicia, e a Orde do 23 de xuño de 2021 pola que se establecen os criterios técnico-deportivos para a obtención das condicións de persoa deportista de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base, vitalicias, persoas técnicas, árbitras e xuízas de alto nivel. Esta normativa atribúe á Comisión galega de avaliación do alto nivel deportivo, do alto rendemento e do rendemento deportivo de base propoñer o recoñecemento de alto nivel deportivo das persoas que reúnan os requisitos nela establecidos. A Comisión elevará a proposta de resolución á persoa titular do órgano competente en materia de deporte.
Na súa consecuencia, atendendo á proposta da Secretaría Xeral para o Deporte do 18 de xuño de 2026, con base aos acordos adoptados pola Comisión galega de avaliación do alto nivel deportivo na súa reunión do 18 de xuño de 2026, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
RESOLVE:
Primeiro. Aprobar a relación de persoas deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel que se relacionan no anexo I desta resolución e que, en consecuencia, gozan dos beneficios que para tal consideración se atribúan coa vixencia que tamén se relaciona no anexo I desta resolución.
Segundo. Publicar no Diario Oficial de Galicia a relación das solicitudes desestimadas e a causa, que se relacionan no anexo II desta resolución.
Terceiro. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela pode interpoñerse recurso potestativo de reposición perante a persoa titular da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Cuarto. Esta orde entrará e vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2026
Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
ANEXO I
Persoas deportistas recoñecidas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base, vitalicias, adestradoras ou técnicas, persoas árbitras e xuízas
|
Apelidos |
Nome |
DNI |
Modalidade |
Proposto |
Vixencia |
|
|
1 |
Aldrey Ventureira |
Vega |
***3481** |
Ciclismo |
Deportista rendemento deportivo de base |
4.7.2026 |
|
2 |
Álvarez Mosteiro |
Jorge |
***0373** |
Tenis |
Deportista rendemento deportivo de base |
Un ano desde a data da resolución |
|
3 |
Cacheiro Blanco |
Diego |
***0376** |
Xadrez |
Deportista de alto nivel |
3.8.2028 |
|
4 |
Castaño Martínez |
Martín |
***9776** |
Patinaxe |
Deportista de alto nivel |
Cinco anos desde a data da resolución |
|
5 |
Cidrás Álvarez |
Pedro |
***6407** |
Ciclismo |
Deportista rendemento deportivo de base |
Un ano desde a data da resolución |
|
6 |
Cortes Ferreño |
Marta |
***0149** |
Baloncesto |
Deportista rendemento deportivo de base |
Un ano desde a data da resolución |
|
7 |
Diéguez Curros |
Adrián |
***0234** |
Patinaxe |
Deportista de alto nivel |
Cinco anos desde a data da resolución |
|
8 |
Espada Radio |
Noemí |
***3457** |
Salvamento e socorrismo |
Deportista de alto nivel |
1.6.2030 |
|
9 |
Granado Álvarez |
Ezequiel Alejandro |
***4058** |
Halterofilia |
Deportista de alto rendemento |
15.11.2030 |
|
10 |
Graña Fajardo |
Consuelo |
***4153** |
Montañismo |
Deportista rendemento deportivo de base |
Un ano desde a data da resolución |
|
11 |
Gutiérrez Peña |
Pedro Ángel |
***1868** |
Balonmán |
Deportista rendemento deportivo de base |
27.8.2026 |
|
12 |
Lamas López |
Jacobo |
***9207** |
Balonmán |
Deportista rendemento deportivo de base |
Un ano desde a data da resolución |
|
13 |
Ocampo Illanes |
Héctor |
***5765** |
Esgrima |
Deportista rendemento deportivo de base |
24.7.2027 |
|
14 |
Romero Galdo |
Sara |
***2971** |
Tríatlon |
Deportista rendemento deportivo de base |
Un ano desde a data da resolución |
|
15 |
Souto Piñeiro |
Manuel Nicolás |
***4425** |
Vela |
Deportista de alto nivel |
Cinco anos desde a data da resolución |
|
16 |
Suárez Martínez |
Pedro |
***0302** |
Natación |
Deportista rendemento deportivo de base |
17.7.2026 |
|
17 |
Videla Miguéns |
Andrea |
***7292** |
Taekwondo |
Deportista de alto nivel |
16.3.2030 |
|
18 |
Zuluaga Lamazares |
Hugo |
***9061** |
Atletismo |
Deportista de alto nivel |
Cinco anos desde a data da resolución |
ANEXO II
Relación das solicitudes desestimadas e a causa
|
Apelidos |
Nome |
DNI |
Modalidade |
Causa |
|
|
1 |
Hermilla Coello |
Laura |
***1311** |
Ximnasia |
Por mérito deportivo |
|
2 |
Marti Rosende |
Lucía |
***8297** |
Patinaxe |
Por mérito deportivo |
|
3 |
Montero Rodríguez |
Eduardo |
***3239** |
Ximnasia |
Por mérito deportivo |
|
4 |
Quintana Rodríguez |
Lara |
***6284** |
Ximnasia |
Por mérito deportivo |
|
5 |
Río García |
Lorena |
***2559** |
Patinaxe |
Por mérito deportivo |
|
6 |
Vázquez Gómez |
José |
***0704** |
Ximnasia |
Por mérito deportivo |
