DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Martes, 30 de xuño de 2026 Páx. 37235

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 15 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de peche entre as LMT MOF805 e REG802, entre os lugares de Arxemil e Bolmente, no termo municipal de Sober (Lugo) (expediente 2024/0111).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 15 de xuño de 2026, do proxecto de peche entre as LMT MOF805 e REG802, entre os lugares de Arxemil e Bolmente, no termo municipal de Sober (Lugo), promovido por UFD Distribución Electricidad, S.A.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://medioambiente.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n).

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade