Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTS SMR723 entre apoio nº 128 e CT Covas-Vilar-15CDX8, no concello de Ferrol (expediente IN407A 2025/100-1), por resolución deste departamento territorial, do 12 de marzo de 2026, a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo en avenida de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.
Este departamento territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 23 de xullo de 2026 para o levantamento das actas previas á ocupación, en que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporán xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do concello de Ferrol, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 7 de outubro de 2025, no BOP do 18 de setembro e no xornal La Voz de Galicia do 29 de setembro, acto ao cal deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectadas, ás cales se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e posterior levantamento efectivo das actas na oficina da casa consistorial do dito concello.
Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 3 de xuño de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
