DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Martes, 30 de xuño de 2026 Páx. 37272

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 12 de xuño de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se someten a información pública expedientes de extinción por caducidade de concesións de augas (expediente 1157-F-335 e dous máis).

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción por caducidade das concesións indicadas no anexo, correspondentes ao expediente 1157-F-335 e dous máis.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

VMA (m³)
QME (l/s)

Orixe

Destino

Lugar (L)
Parroquia (P)
Concello (C)

1157-F-335

José María Rivero de Aguilar y Otero

0,5 l/s

Río

Rega

L: O Faramello
P: Ribasar (Santa Mariña)
C: Rois

E-48-4950-C

José María Botana Sánchez, Andrés Astray Rodríguez, Antonia Sánchez Mosquera, Antonio Gómez Suárez, Antonio Pérez Rey, Aurora Sánchez Astray, Consuelo Sánchez Astray, Dorinda Iglesias Botana, Emilia Pérez Fernández, Emilio Pérez Fernández, herdeiros de Manuel Botana Acevedo, Manuel Lagares Suárez, María Villasenin Veiras, Mercedes Cardama e Vicente Rey Bao

180 l/s

Río

Forza motriz dun muíño fariñeiro

C: Frades

E-251-C

José Rodríguez Domínguez

Descoñecido

Regato

Rega

L: Brañas do Porto
P: San Xoán de Fóra
C: Santiago de Compostela