DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Martes, 30 de xuño de 2026 Páx. 37270

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Vilasantar (expediente DH.A15.89887).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Dolores García Saavedra/Veciños da Laxe.

DNI: ***0479**.

Expediente: DH.A15.89887.

Volume total anual: 5.086 m3/ano.

Destino: uso doméstico.

Orixe: pozo.

Lugar: manancial do Penedo.

Parroquia: San Vicenzo de Curtis.

Concello: Vilasantar.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación dun manancial situado na parcela 553 do polígono 6, mediante un pozo de 80 cm de diámetro e uns 3,5 m de profundidade, e a condución da auga mediante unha tubaxe de PVC de 32 mm de diámetro ao longo duns 1.100 m ata un depósito de distribución situado no lugar da Laxe, na parcela 33 do polígono 502, que conta con dous depósitos esféricos de 2 m de diámetro cada un, desde os que se abastecen as vivendas dos 18 usuarios.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña). Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2026

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro