BDNS (Identif.) 914387.
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/914387
Primeiro. Persoas beneficiarias
Alumnado que está matriculado na Universidade de Vigo na materia de TFG/TFM nunha das titulacións oficiais de grao ou de máster universitario no curso 2026/27.
Segundo. Obxecto
O obxecto desta convocatoria é establecer unha conexión entre o TFG/TFM do estudantado da Universidade de Vigo e retos reais propostos por empresas, proxectos de emprendemento ou iniciativas empresariais emerxentes da nosa comunidade autónoma.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución de 19 de xuño de 2026, pola que se convocan bolsas de colaboración no programa Colmea de Ideas desta universidade para o desenvolvemento dos traballos de fin de estudos no curso 2026/27.
Cuarto. Contía
A contía total do crédito destinado a estas axudas será de catorce mil catrocentos euros (14.400 €).
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Desde o 22 de xuño ata o 15 de setembro de 2026.
Vigo, 19 de xuño de 2026
O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 30.5.2024; DOG do 10 de xuño)
Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade
