De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao resultaren infrutuosos os intentos de notificación e/ou ser descoñecido o domicilio dos/das titulares, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o intento de mutuo acordo efectuado no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra Fomento da mobilidade sostible. Itinerario peonil e ciclista na AC-214. Treito: A Xira-Cambre (p.q. 7+220-8+540), no concello de Cambre, clave AC/20/009.06.2.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado para compareceren nas oficinas da sede do Servizo Provincial da Coruña da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), sita na rúa Vicente Ferrer, 2, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do intento de mutuo acordo e constancia de tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
A Coruña, 16 de xuño de 2026
Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña
ANEXO
|
Clave da obra |
Predio |
Referencia catastral |
Persoa interesada |
|
AC/20/009.06.2 |
15 |
15017A036001380000ME |
Elena Mengotti Osende |
|
AC/20/009.06.2 |
16 |
15017A036000250000MQ |
José Pérez Berjón |
