O Decreto 87/2007, do 12 de abril (DOG núm. 88, do 8 de maio, modificado polo Decreto 241/2008, do 2 de outubro; DOG núm. 210, do 29 de outubro), crea a reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos. No seu artigo 9, e co fin de constatar a evolución da reserva mariña e de asegurar o cumprimento dos obxectivos establecidos no decreto, créase o órgano de xestión, seguimento e control, que estará constituído por oito membros designados pola consellería competente en materia de pesca.
Destes oito membros, tres serán nomeados en representación da consellería competente en materia de pesca, un en representación da consellería competente en materia de ambiente e catro en representación das entidades do sector pesqueiro. Así mesmo, a consellería competente en materia de pesca designará o presidente e o secretario do órgano de xestión, seguimento e control, entre os representantes da Administración.
Dado que, por distintos motivos, se produciron vacantes no Órgano de Xestión, Seguimento e Control da Reserva Mariña de Interese Pesqueiro Os Miñarzos, cómpre nomear os novos vogais e suplentes, así como designar de entre os representantes da Consellería do Mar nomeados a Presidencia e a Secretaría do órgano.
Polo ata agora exposto,
RESOLVO:
Nomear membros do Órgano de Xestión, Seguimento e Control da Reserva Mariña de Interese Pesqueiro Os Miñarzos as persoas que se relacionan a seguir:
|
Titular |
Suplente |
|
|
Presidente (Consellería do Mar) |
José Emilio Oti Cabanelas |
|
|
Vogal-secretario/a (Consellería do Mar) |
Miguel Salvande Fraga |
Polo tanto, a composición do Órgano de Xestión, Seguimento e Control da Reserva Mariña de Interese Pesqueiro Os Miñarzos queda como se relaciona a seguir:
|
Titular |
Suplente |
|
|
Presidente (Consellería do Mar) |
Pedro Riveiro Domínguez |
José Emilio Oti Cabanelas |
|
Vogal-secretario/a (Consellería do Mar) |
Miguel Salvande Fraga |
Beatriz Asorey Torres |
|
Vogal (Consellería do Mar) |
Diana Fernández Márquez |
Ramón D. Fernández Conchas |
|
Vogal (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático) |
Susana Cuesta Fariña |
Elisa Gago Moldes |
|
Vogal (Confraría de Pescadores de Lira) |
José Mariano Lago Louro |
José Ramón Sendón Cambeiro |
|
Vogal (Confraría de Pescadores de Lira) |
Andrés Domínguez Beiro |
Juan Antonio Caamaño Blanco |
|
Vogal (Federación Galega de Confrarías) |
Manuel Daniel Formoso Moledo |
José Antonio Siaba Gallego |
|
Vogal (Federación Galega de Confrarías) |
Primitivo José Pedrosa González |
Albino Rebollido Núñez |
Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2026
Marta Villaverde Acuña
Conselleira do Mar
