DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Mércores, 1 de xullo de 2026 Páx. 37322

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 22 de xuño de 2026 pola que se nomean os membros do Órgano de Xestión, Seguimento e Control da Reserva Mariña de Interese Pesqueiro Ría de Cedeira.

O Decreto 28/2009, do 29 de xaneiro (DOG núm. 33, do 17 de febreiro) crea a reserva mariña de interese pesqueiro Ría de Cedeira. No seu artigo 10, e co fin de constatar a evolución da reserva e de asegurar o cumprimento dos obxectivos establecidos no decreto, créase o órgano de xestión, seguimento e control, que estará constituído por oito membros designados pola consellería competente en materia de pesca e que procurará unha participación equilibrada de homes e mulleres.

Destes oito membros, tres serán nomeados en representación da consellería competente en materia de pesca, un en representación da consellería competente en materia de ambiente, tres en representación da Confraría de Pescadores de Cedeira e un en representación do sector pesqueiro por proposta da Federación Galega de Confrarías. Así mesmo, a consellería competente en materia de pesca designará o presidente e o secretario do órgano de xestión, seguimento e control, entre os representantes da Administración.

Dado que, por distintos motivos, se produciron vacantes no Órgano de Xestión, Seguimento e Control da Reserva Mariña de Interese Pesqueiro Ría de Cedeira, cómpre nomear os novos vogais e suplentes, así como designar de entre os nomeados a Presidencia e a Secretaría do órgano.

Polo ata agora exposto,

RESOLVO:

Nomear membros do Órgano de Xestión, Seguimento e Control da Reserva Mariña de Interese Pesqueiro Ría de Cedeira as persoas que se relacionan a seguir:

Titular

Suplente

Presidente (Consellería do Mar)

José Emilio Oti Cabanelas

Vogal-secretario/a (Consellería do Mar)

Miguel Salvande Fraga

Vogal (Confraría de Pescadores de Cedeira)

Susana Dolores Bellón Costa

Raquel Ramos Rodríguez

Vogal (Confraría de Pescadores de Cedeira)

Tomás Díaz Rodríguez

Polo tanto, a composición do Órgano de Xestión, Seguimento e Control da Reserva Mariña de Interese Pesqueiro Ría de Cedeira queda como se relaciona a seguir:

Titular

Suplente

Presidente (Consellería do Mar)

Pedro Riveiro Domínguez

José Emilio Oti Cabanelas

Vogal-secretario/a (Consellería do Mar)

Miguel Salvande Fraga

Beatriz Asorey Torres

Vogal (Consellería do Mar)

Nuria Margarita Caruncho Conde

Ignacio Pérez Mantecón

Vogal (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático)

Susana Cuesta Fariña

Elisa Gago Moldes

Vogal (Confraría de Pescadores de Cedeira)

Susana Dolores Bellón Costa

Raquel Ramos Rodríguez

Vogal (Confraría de Pescadores de Cedeira)

Tomás Díaz Rodríguez

Bruno Martínez Blanco

Vogal (Confraría de Pescadores de Cedeira)

Ricardo Villar Martínez

Lucía Villar Martínez

Vogal (Federación Galega de Confrarías)

José Antonio Pérez Sieira

Manuel Daniel Formoso Moledo

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2026

Marta Villaverde Acuña
Conselleira do Mar