DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Mércores, 1 de xullo de 2026 Páx. 37324

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se modifica a Resolución do 2 de febreiro de 2026 referente á composición do tribunal cualificador das probas de xestor de transporte.

Mediante a Resolución do 29 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan para o ano 2026 as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada (códigos de procedemento IF312A e IF312B) (Diario Oficial de Galicia número 220, do 13 de novembro) procedeuse ao nomeamento do tribunal cualificador para a convocatoria do ano 2026.

O 2 de febreiro de 2026 modificouse a composición do tribunal (Diario Oficial de Galicia número 29, do 12 de febreiro).

Logo da dita designación e coa finalidade de garantir o correcto desenvolvemento das probas, considérase procedente incluír un vogal suplente adicional. Así, mediante a presente resolución efectúase a designación íntegra do tribunal para garantir a máxima transparencia e facilitar o coñecemento da composición do tribunal para as persoas interesadas.

Polo exposto,

DISPOÑO:

Primeiro. O punto 15.1 da Resolución do 29 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan para o ano 2026 as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia, e modificada pola Resolución do 2 de febreiro de 2026, queda redactado como segue:

15. Tribunal.

1. O tribunal cualificador das probas convocadas estará integrado polo seguinte persoal da Dirección Xeral de Mobilidade:

– Presidente/a:

A persoa titular da Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte.

– Presidentes suplentes:

A persoa titular da Subdirección Xeral de Infraestruturas e Planificación do Transporte.

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

– Vogais:

A persoa titular do Servizo da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia.

A persoa titular do Servizo de Coordinación dos Plans de Transporte.

A persoa titular do Servizo de Autorizacións, Informes e Apoio Xurídico.

– Vogais suplentes:

A persoa titular da Subdirección Xeral de Infraestruturas e Planificación do Transporte.

A persoa titular do Servizo de Inspección.

A persoa titular do Servizo de Informes e Recursos.

A persoa titular do Servizo de Infraestruturas.

A persoa titular do Servizo de Planificación.

A persoa titular do Servizo de Contratación.

A persoa titular do Servizo de Loxística e Instalacións Aeronáuticas e Ferroviarias.

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

– Secretario/a:

A persoa titular do Servizo de Ordenación do Transporte Regular de Viaxeiros.

– Secretario/a suplente:

A persoa titular do Servizo de Autorizacións, Informes e Apoio Xurídico.

A persoa titular do Servizo de Coordinación dos Plans de Transporte.

Segundo. Esta resolución producirá efectos desde a data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2026

Judit Fontela Baró
Directora xeral de Mobilidade