DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Mércores, 1 de xullo de 2026 Páx. 37420

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 8 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Redondela (expediente IN407A 2026/011-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Enderezo social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS e substitución do CTI Millarada por CTC.

Situación: Redondela.

Descricións técnicas:

• Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV con condutor tipo RHZ de 68 metros de lonxitude, con orixe no PAS do apoio A3T1KB0S//100 e final no centro de transformación proxectado.

• Desmonte do centro de transformación intemperie Millarada (36AA15) e retirada da súa derivación en condutor LAC-28, co desmonte dos XS 36HZ58.

• Centro de transformación manobra exterior, telexestionado, en envolvente prefabricada de formigón, con relación 15.000/400 V a 250 kVA, situado na parcela con referencia catastral 36045A035009780000WL, no lugar da Millarada, que estará conectado á LMTA TRO703.

• As instalacións están situadas no lugar da Millarada, na parroquia de Vilar de Infesta, no concello de Redondela (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

O proxecto está á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37, así como no portal da mencionada consellería: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 8 de xuño de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Núm. expediente: IN407A 2026/011-4.

Denominación: LMTS e substitución do CTI Millarada por CTC.

Concello: Redondela.

Núm.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

Pleno dominio

Servidume

CT (m2)

ml sub.

m2 sub.

1

A Millarada

Agrario

36045A035009780000WL

Amalia Diéguez Rodríguez

16,81

1

4,5