Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio, convócanse todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Reforma CT A Tablilla 1, no concello de Cerceda (expediente IN407A 2024/203-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar nas dependencias da Biblioteca Municipal de Cerceda, sita na praza Campo da Feira, s/n.
A Coruña, 16 de xuño de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2024/203-1.
Entidade beneficiaria: Unión Distribuidores Electricidad, S.A. (UDESA).
Denominación da instalación: Reforma CT A Tablilla 1.
Concello: Cerceda.
|
Predio |
Lugar |
Ref. catastral |
Titularidade |
Data |
Hora |
|
2 |
Pebideira |
15024A043006190000HS |
Manuel Fernández García |
10.9.2026 |
12.15 |
