DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Mércores, 1 de xullo de 2026 Páx. 37386

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2026 pola que se nomea profesorado permanente laboral (PPL2501).

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar o concurso de acceso convocado mediante a Resolución desta universidade, do 23 de decembro de 2025 (DOG do 16 de xaneiro de 2026), corrixidos erros mediante a Resolución reitoral do 28 de xaneiro de 2026 (DOG do 5 de febreiro), e presentada polas persoas propostas a documentación a que fai referencia a base oitava da convocatoria.

Este reitorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente sinatura do contrato polas persoas interesadas, que se deberá realizar no prazo máximo de vinte (20) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición, ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da dita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

Vigo, 18 de xuño de 2026

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Código:

PPL2501-X14-105-PPL-TC-01

Corpo:

Profesor/a permanente laboral

Área de coñecemento:

A0105 Comunicación Audiovisual e Publicidade

Departamento:

D00X14 Comunicación Audiovisual e Publicidade

Centro de traballo:

204 Facultade de Comunicación

DNI

***5982**

Nome e apelidos

Iván Puentes Rivera

Código:

PPL2501-X14-105-PPL-TC-02

Corpo:

Profesor/a permanente laboral

Área de coñecemento:

A0105 Comunicación Audiovisual e Publicidade

Departamento:

D00X14 Comunicación Audiovisual e Publicidade

Centro de traballo:

204 Facultade de Comunicación

DNI

***0748**

Nome e apelidos

María Isabel Martínez Martínez