DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Mércores, 1 de xullo de 2026 Páx. 37384

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 18 de xuño de 2026, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, polo que se convoca a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, dun posto de xefe/a de sección de Psiquiatría-Área de Atención Extrahospitalaria.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e no uso das atribucións conferidas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), o xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, dun posto de xefe/a de sección de Psiquiatría-Área de Atención Extrahospitalaria da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Segundo. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coa orde anual pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse preferentemente no Rexistro da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, sito na rúa Loureiro Crespo, nº 2, de Pontevedra, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O prazo concluirá o mesmo día en que se produciu a publicación no mes de vencemento. Se no mes de vencemento non hai día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes (artigo 30 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas na intranet da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Pontevedra, 18 de xuño de 2026

José Manuel Flores Arias
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés