DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Mércores, 1 de xullo de 2026 Páx. 37381

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de cociña, convocado pola Resolución do 24 de xuño de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 123, do 30 de xuño), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 17 de xuño de 2026, o tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de cociña, convocado pola Resolución do 24 de xuño de 2025 (DOG núm. 123, do 30 de xuño),

ACORDOU:

Primeiro. Desestimar, tras a correspondente revisión, as alegacións ás puntuacións do primeiro e do segundo exercicio, recibidas no prazo estipulado na base II.1.2.7 da convocatoria.

Segundo. Declarar exentas de realizar o terceiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo todas as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio, por ter acreditado o nivel de coñecemento da lingua galega requirido neste proceso selectivo ante a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, ao abeiro do previsto na base II.1.1.3 da convocatoria do proceso selectivo.

Terceiro. Facer pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).

A relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo publicarase tamén no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

De conformidade co disposto na base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentaren os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

Cuarto. Elevar a devandita relación de persoas aspirantes á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionarias de carreira.

De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2026

Eva Fachado Rubio
Presidenta do tribunal

ANEXO

Relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo

Núm. orde

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Puntuación

1

***4668**

Piñeiro Ferreiro, Bruno

Libre

77,59

2

***9020**

Calviño Ferro, Javier

Libre

74,15

3

***4869**

González Mareque, Pablo

Libre

71,00

4

***9921**

Rodríguez Pérez, María Alba

Libre

68,53

5

***4810**

Vega Valín, Paula

Libre

66,46

6

***1480**

Seco Gómez, Mónica

Libre

64,68

7

***1889**

Viéitez Carracedo, Esteban

Libre

64,37

8

***7105**

Martínez Núñez, Diego

Libre

64,03

9

***3370**

Rodríguez Otero, Marcos Ramón

Libre

63,96

10

***8305**

Bellas López, Paula

Libre

63,40

11

***7943**

López Gago, Víctor Manuel

Libre

63,28

12

***2561**

Carballeira López, Ana Isabel

Libre

63,12

13

***4235**

Darriba Portela, Noelia

Libre

63,03

14

***6335**

Pose Lista, María Matilde

Libre

62,18

15

***0506**

Crespo Martínez, Manuel María

Libre

61,37

16

***2097**

Zamar Leiro, Begoña

Libre

60,84

17

***1014**

Fazáns Estévez, Adrián

Libre

60,65

18

***0021**

Someso Fernández, Nadine

Libre

60,40

19

***6215**

Novoa Domínguez, Francisco Javier

Libre

60,40

20

***5899**

Fernández Rodríguez, Ana Belén

Libre

60,34

21

***2632**

López Boutureira, Alberto

Libre

59,96

22

***6623**

López Rodríguez, Raquel

Libre

59,90

23

***1464**

Grela López, María Josefa

Libre

59,78

24

***7059**

González Pérez, Xabier

Libre

59,56

25

***7462**

Castro Quintáns, Pedro

Libre

59,18

26

***6895**

Alcalde Costas, David

Libre

59,00

27

***3065**

Pampín Penas, María

Libre

58,59

28

***6093**

López Beizana, Montserrat

Libre

58,50

29

***8782**

Breijo Piñón, Sandra

Libre

58,06

30

***6280**

Cepeda Romero, María del Carmen

Libre

57,65

31

***8677**

Ferro García, Beatriz

Libre

56,84

32

***6980**

Gómez Sotelo, David

Libre

56,84

33

***3542**

Góñez Silva, Raúl

Libre

54,12

34

***0067**

López Gómez, Yago

Libre

53,59

35

***4558**

Adrio Mouriz, Alba

Libre

53,43

36

***9104**

Arca Cachafeiro, Óscar

Libre

52,75

37

***6977**

Méndez Curras, Sergio

Libre

52,09

38

***0657**

Barreiro Barreiro, María Teresa

Libre

51,87

39

***1381**

Novegil Bertola, María del Rocío

Promoción interna

51,65