BDNS (Identif.): 914694.
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/914694
Primeiro. Persoas beneficiarias
Alumnado matriculado en centros propios no curso 2026/27, nas titulacións oficiais de grao ou máster universitario sinaladas no anexo II da convocatoria, no campus en que se opta á bolsa.
Segundo. Obxecto
O obxecto desta convocatoria é fomentar unha mellor formación teórica e práctica do estudantado colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación en que se matricula.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución reitoral pola que se convocan bolsas de formación en sistemas informáticos dirixidas ao estudantado da Universidade de Vigo para o curso 2026/27.
Cuarto. Contía
A contía total do crédito destinado a estas axudas será de douscentos corenta e un mil catrocentos cincuenta e un euros con noventa céntimos (241.451,90 €).
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Desde o 23 de xuño ata o 31 de xullo de 2026.
Vigo, 22 de xuño de 2026
O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 30.5.2024; DOG do 10 de xuño)
Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade
