De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, resultando infrutuosos os intentos de notificación e/ou descoñecido o domicilio dos titulares, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o trámite de audiencia efectuado no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra Proxecto de interese autonómico Novo Hospital Universitario da Coruña (CHUAC), clave AC/21/215.30.0, no concello da Coruña.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas oficinas da sede do Servizo Provincial da Coruña da AXI sita na rúa Vicente Ferrer, 2 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do trámite de audiencia e constancia de tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo de dez días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
A Coruña, 16 de xuño de 2026
Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña
ANEXO
|
Clave de obra |
Predio |
Referencia catastral |
Persoa interesada |
|
AC/21/215.30.0 |
2-19 |
9681916NH4998S0001WS |
32426353X |
