DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Xoves, 2 de xullo de 2026 Páx. 37552

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 16 de xuño de 2026 polo que se notifica a visita de inspección para toma de datos no expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/105/2012.

Mediante Resolución do 5 de abril de 2021, o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou dispoñer a execución subsidiaria, con cargo á/ás persoa/s obrigada/s e dos seus habentes-causa, da resolución da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística do 2.5.2013, mediante a demolición das obras de construción obxecto do expediente IU3/105/2012.

Para poder dar continuidade ás actuacións de execución, e por resultar determinante para a redacción do proxecto técnico de demolición, vaise realizar unha visita de inspección ás ditas obras, amparada polo auto 38/2026, do 28.5.2026, do Tribunal de Instancia de Ourense praza nº 2 da sección do contencioso-administrativo (ED 83/2026), o 16 de setembro de 2026 ás 10.00 horas para toma de datos.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da visita ás persoas interesadas con DNI 76745574W e 34628444N, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas a dita visita por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase ás persoas interesadas que o texto íntegro da visita de inspección que se notifica, acordada no dito expediente, atópase á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística situadas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase efectuada.

Para que conste, e lle/lles sirva de notificación á/ás citada/s persoa/s interesada/s en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2026

María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística