DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Xoves, 2 de xullo de 2026 Páx. 37538

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio, pola que se declara a Comunidade Autónoma de Galicia herdeira ab intestato de José García Sanjurjo.

Antecedentes.

Mediante a Resolución do 11 de novembro de 2025, acordouse a incoación do procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de José García Sanjurjo (ABI/2018/0032).

A citada resolución publicouse no Boletín Oficial del Estado (supl. not. núm. 291, do 4.12.2025), no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 232, do 1.12.2025), na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, e foi exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Vilalba por un prazo non inferior a trinta días naturais.

Constan no expediente os correspondentes certificados de defunción e derradeiras vontades relativos á persoa causante, nos cales se acredita o seu falecemento o 19 de marzo de 2018 en Vilalba (Lugo) e que non outorgara testamento rexistrado. Así mesmo, figura igualmente incorporado certificado do seu empadroamento no Concello de Vilalba, polo que queda xustificada formalmente a súa veciñanza civil galega.

Durante a tramitación do procedemento non se recibiron alegacións, documentos ou outros elementos de xuízo que cuestionen a sucesión a favor da Administración autonómica, o que corrobora o informe emitido para o efecto pola Policía autonómica de Galicia e as manifestacións de terceiras persoas unidas ao expediente.

Das consultas efectuadas ante o Catastro inmobiliario, no Índice xeral informatizado de predios e dereitos do Rexistro da Propiedade e por outras fontes, determinouse, en principio, que polo menos forman parte dos bens hereditarios da persoa finada os bens e dereitos que se adxudican no punto segundo desta resolución, sen prexuízo da inclusión daqueloutros que se identifiquen con posterioridade a esta declaración como de titularidade da persoa causante.

A Asesoría Xurídica da Consellería de Facenda e Administración Pública emitiu informe sobre a adecuación e a suficiencia das actuacións efectuadas para a declaración da Comunidade Autónoma como herdeira ab intestato da persoa causante.

No expediente administrativo consta a denuncia da herdanza presentada o 27 de abril de 2018 pola Fundación Hospital Asilo de Vilalba, centro en que finou a persoa causante, polo que, de conformidade co artigo 56, parágrafo segundo, da Lei 5/2011, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, vixente no momento, esta institución non pode ter a condición de denunciante nin, consecuentemente, dereito a premio, por estar obrigada legalmente a comunicar a defunción do seu residente.

Fundamentos xurídicos:

– Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia; artigo 267 e seguintes.

– Código civil; artigo 657 e seguintes.

– Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas; artigos 20.6 e 20 bis.8.

– Lei 6/2023, do 2 de novembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia; título III, artigo 147 e seguintes, e disposición transitoria segunda.

– Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia; artigo 56.6.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Decreto 141/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda e Administración Pública; artigos 14 e 16.

Segundo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar a Comunidade Autónoma de Galicia única e universal herdeira ab intestato de José García Sanjurjo, con DNI 76525136L, entendéndose legalmente aceptada a herdanza a beneficio de inventario.

Segundo. Adxudicarlle á Administración autonómica os seguintes bens e dereitos da herdanza identificados:

a) Bens inmobles urbanos:

– Vivenda de dúas alturas e almacén no Coto do Regueiriño, que ocupa –segundo o Catastro– uns 103 m2 e cunha superficie construída de 206 m2 aproximadamente, situada no municipio de Vilalba (Lugo). Estrema: norte, sur e oeste coa parcela catastral nº 465 do polígono 14, e leste con camiño.

Referencia catastral: 000800200PJ10E0001DT.

Valor catastral: 16.797,16 €.

Inscrición rexistral: non consta.

– Panteón no cemiterio parroquial de San Simón da Costa en Vilalba.

Referencia catastral: 27065A014005090001GF (0,58 %).

Valor catastral: 1.347,30 € (0,58 %).

Inscrición rexistral: non consta.

b) Bens inmobles rústicos no municipio de Vilaba identificados pola súa referencia catastral:

27065A006003860000FH

27065A006004290000FF

27065A006006650000FI

27065A007002590000FE

27065A007002830000FM

27065A009001460000FI

27065A009001600000FA

27065A009001710000FF

27065A009001770000FX

27065A009001870000FH

27065A009001960000FQ

27065A009002080000FI

27065A009002100000FX

27065A009002130000FE

27065A009002320000FT

27065A009002460000FS

27065A009002580000FQ

27065A009002730000FD

27065A009002770000FE

27065A013004970000FF

27065A014001080000FA

27065A014001620000FD

27065A014001720000FU

27065A014002650000FZ

27065A014002670000FH

27065A014004580000FH

27065A014004610000FH

27065A014004650000FY

27065A014004660000FG

27065A014004710000FP

27065A014004840000FI

27065A014004850000FJ

27065A014004920000FU

27065A014005020000FL

27065A014005080000FR

27065A014005090000FD

c) Contratos e outros efectos bancarios:

– Abanca, conta de aforro: 2080 0148 6530 0013 5676.

Terceiro. Non lle recoñecer a condición de denunciante á entidade Fundación Hospital Asilo de Vilaba con base no artigo 56.6 da Lei 5/2011, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade coa remisión á aplicación da normativa anterior que se realiza na disposición transitoria segunda, letra a), da Lei 33/2003, do patrimonio das administracións públicas, para as denuncias presentadas con anterioridade á entrada en vigor desta lei.

Cuarto. Publicar esta resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, área temática de Patrimonio, Anuncios, que se pode consultar na seguinte ligazón: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios

A resolución será remitida para a súa exposición pública no taboleiro de anuncios do Concello de Vilalba por un prazo non inferior a trinta días naturais.

Esta resolución poderá ser impugnada por infracción das normas sobre competencia e procedemento mediante recurso de alzada, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, de conformidade co artigo 112 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os que se consideren prexudicados en canto ao seu mellor dereito á herdanza ou noutros dereitos de carácter civil por esta declaración ou pola adxudicación de bens a favor da Comunidade Autónoma de Galicia que se contén nesta resolución, poderán exercer as accións pertinentes ante o órgano da xurisdición civil correspondente.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2026

José María Barreiro Díaz
Director xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio