Pola Resolución do 22 de decembro de 2022 convocouse o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, entre outras a especialidade de bombeiro forestal, subgrupo C2 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro).
Por outra banda, o 19 de xaneiro de 2026 publicouse a Resolución do 16 de xaneiro de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo de auxiliares de carácter técnico, subgrupo C2, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade bombeiro forestal, das persoas aspirantes que superaron diversos procesos selectivos.
Entre os aspirantes propostos está Juan José Pérez Crespo, DNI ***1480**, que o 20 de xaneiro de 2026 tomou posesión no posto denominado «bombeiro/a forestal», código MR.C99.50.042.15660.045, na comarca forestal Barbanza-O Sar, na Pobra do Caramiñal, pertencente á Consellería do Medio Rural.
Juan José Pérez Crespo, con data do 8 de xuño de 2026, solicitou a renuncia á condición de funcionario de carreira no corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de auxiliar do SPDCIF, especialidade bombeiro/a forestal.
O artigo 65 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, recolle como unha das causas da perda da condición de persoal funcionario de carreira a renuncia, que será aceptada sempre que o funcionario a manifeste por escrito e non estea suxeita a un expediente disciplinario ou se dite na súa contra un auto de procesamento ou de apertura de xuízo oral pola comisión dalgún delito. Polo tanto,
DISPOÑO:
Aceptar a renuncia de Juan José Pérez Crespo á súa condición de funcionario de carreira do corpo de auxiliares de carácter técnico, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade bombeiro forestal.
Consonte o establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 10, 14 e 46 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase recorrer potestativamente en reposición ante a persoa titular da Consellería de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou poderá formularse directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
