DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Xoves, 2 de xullo de 2026 Páx. 37528

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2026/083-1).

Expediente: IN407A 2026/083-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación do proxecto: LMTS cambio de sección SCY813 entre CTS 15SHJW e 15CND0.

Concello: Santiago de Compostela.

Feitos:

1. O día 26.3.2026, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada. Co obxecto de atender os aumentos de demanda nas rúas Altamira, Costa de San Domingos, rúa de Aller Ulloa, rúa da Virxe da Cerca, rúa de Tras San Fiz de Solovio, Travesía da Universidade, praza de San Fiz de Solovio e Ruela de Altamira, no concello de Santiago de Compostela, proxéctase un aumento da sección do tramo de liña de distribución de enerxía eléctrica SCY 813 (IN407A 2016/2229-1), procedente da subestación San Caetano, comprendido entre os centros de transformación Valle Inclán (IN407A 98/167-1, 15CND0) e o centro de transformación Altamira (IN407A 10/183, 15SHJW), substituíndo o condutor existente.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado LMTS cambio de sección SCY813 entre CTS 15SHJW e 15CND0, asinado o día 18.2.2026 por Javier Fernández Pazos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº colexiado 502 de Ourense.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Santiago de Compostela, Augas de Galicia e Patrimonio Cultural. Non consta no expediente, a día de hoxe, contestación dos organismos á solicitude de condicionados.

4. O día 8.6.2026 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG nº 101, do 27 de maio).

Segunda. Lexislación de aplicación:

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas:

As instalacións obxecto deste expediente están situadas no concello de Santiago de Compostela, e as súas características técnicas son as seguintes:

• Novo tramo LMTS a 20 kV, de 837 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no CT Altamira (IN407A 10/183, 15SHJW) existente da LMT SCY 813 (IN407A 2016/2229-1), procedente da subestación San Caetano, e remate en arqueta existente próxima ao CT Valle Inclán (IN407A 98/167-1, 15CND0).

• Tramos soterrados existentes da SCY 813:

– Posta fóra de servizo tramo de 630 m, condutor tipo RHV 12/20 kV 1×150 (IN407A 2016/2229-1).

– Desmantelamento tramo de 11 m, condutor tipo RHV 12/20 kV 1×240, na saída do CT Valle Inclán (IN407A 98/167-1, 15CND0).

– Desmantelamento tramo de 8 m, condutor tipo RHV 12/20 kV 1×240, na saída do CT Altamira (IN407A 10/183, 15SHJW).

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e dos requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 10 de xuño de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña