Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar ...», mediante o presente anuncio comunícase a todas as persoas interesadas os pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola instalación, que se realizaran na casa do concello do Saviñao, segundo o calendario e horario que se sinala no cadro anexo.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmos ou representados por persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/NIF así como os documentos que acrediten a titularidade.
Lugo, 17 de xuño de 2026
Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/50-AT.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: Regulamentación LAMT CHA811 Saviñao 11 entre AP BKHS7FT8 e AP 161.
Convocatoria para o pagamento dos prezos xustos no concello do Saviñao.
|
Titular |
Día |
Hora |
Predio |
|
Hrdos. de Ramón Losada Gómez (fiscal) |
12.50 |
3 |
|
|
Hrdos. de José Gallardo Quiroga |
14.10.2026 |
11.15 |
5 |
|
Hrdos. Javier Iglesias Vázquez |
12.15 |
7 |
|
|
Hrdos. de Mª Carmen López Gónzalez (fiscal) |
12.50 |
20 |
|
|
Hrdos. de Mª Vázquez Otero (fiscal) |
21 |
||
|
Descoñecidos |
10,24 |
