DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Xoves, 2 de xullo de 2026 Páx. 37534

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 18 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se convocan os interesados ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto dos predios afectados por un proxecto de instalación eléctrica situada no concello de Chandrexa de Queixa (expediente IN407A 2024/64-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...» mediante este anuncio convócanse as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto fixado polo Xurado de Expropiación de Galicia relativo aos predios afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación da LMTA TRI804 no tramo entre os apoios número 63 e 63-4, na Casa do Concello de Chandrexa de Queixa, segundo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo.

As persoas titulares de dereitos sobre os bens afectados deberán comparecer no dito acto por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade. Tamén deberán achegar unha certificación de titularidade da conta bancaria onde, tras a súa solicitude, se lles ingresará, mediante transferencia, o importe do prezo xusto máis os xuros correspondentes.

Ourense, 18 de xuño de 2026

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2024/64-3.

Instalación: regulamentación da LMTA TRI804 no tramo entre os apoios número 63 e 63-4.

Concello: Chandrexa de Queixa.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Convocatoria:

Data: 15 de setembro de 2026.

Lugar: Casa do Concello de Chandrexa de Queixa.

Hora: véxase a táboa.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Hora

3

Gándara

32030A032007350000OO

Herdeiros de Montserrat Rodríguez

12.15