DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Xoves, 2 de xullo de 2026 Páx. 37563

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de San Roque de Camos

ANUNCIO de convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

Rafael da Silva Alonso, con DNI ***8842**, actuando como presidente da Comunidade de Usuarios de San Roque de Camos, por este anuncio convoco para o vindeiro día 2 de agosto de 2026, no local do palco do torreiro de San Roque (Camos-Nigrán), ás 10.30 horas en primeira convocatoria e ás 11.00 horas en segunda convocatoria, a asemblea xeral ordinaria conforme a seguinte orde do día e aprobación, de ser o caso, do que proceda:

1. Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.

2. Informe das xestións realizadas pola Xunta Directiva.

3. Lectura do estado das contas e aprobación para o exercicio 2026.

4. Futuras obras a curto e longo prazo.

5. Aprobación do orzamento para o exercicio 2026.

6. Facultar a Xunta Directiva para a solicitude de subvencións e axudas en nome da comunidade.

7. Rogos e preguntas.

Nigrán, 4 de xuño de 2026

Rafael da Silva Alonso
Presidente da Comunidade de Usuarios de San Roque de Camos