A Xunta de Goberno Local, na súa sesión do día 19.6.2026, acordou o nomeamento como persoal funcionario de carreira, para ocupar cinco das vinte e tres prazas de bombeiro/a enmarcadas no grupo de titulación C2 (escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de extinción de incendios) e incluídas na oferta de emprego público (OEP) dos anos 2020-2021-2022 pola quenda libre, ao teren validada a formación teórico-práctica relativa ao curso selectivo previsto nas bases da convocatoria, de:
• R. Moledo González, con DNI ***3076**.
• A. Sánchez Sánchez, con DNI ***0302**.
• M. Agromayor Ledo, con DNI ***6140**.
• J. M. Lorenzo Rodríguez, con DNI ***6877**.
• L. Álvarez Muñiz, con DNI ***7443**.
As persoas interesadas deberán tomar posesión no prazo dun mes a partir da publicación do seu nomeamento no Diario Oficial de Galicia. De non o faceren, procederase a declaralas en situación cesante e, consecuentemente, decaídas no seu dereito.
A este nomeamento dáselle publicidade, consonte o establecido nas bases do proceso selectivo e na lexislación de función pública vixente.
Vigo, 26 de xuño de 2026
O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística,
Educación, Recursos Humanos e Formación
P.D. (Resolución da Alcaldía do 25.9.2025 e
Acordo da Xunta de Goberno Local do 7.11.2025)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade, Contratación,
Festas e Xestión Municipal
