De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas, do 1 de outubro de 2015, e no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que as persoas titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación, notifícaselles ás persoas responsables a decisión da Alcaldía deste concello de efectuar a execución subsidiaria, con repercusión de custos por incumprimento das obrigas de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas, de acordo co previsto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
Segundo as actas de inspección expedidas polo personal do Concello de Soutomaior, púxose de manifesto o incumprimento, unha vez transcurridos os quince (15) días naturais concedidos ás persoas titulares ou propietarias descoñecidas por medio de notificación persoal ou por anuncios no BOE e no DOG, das obrigas de xestión da biomasa e/ou das obrigas de retirada de especies arbóreas nas seguintes parcelas:
|
Expediente |
Ref. catastral |
Lugar |
Superficie afectada |
Liquidación provisional |
Data de constatación do incumprimento |
Persoa responsable (NIF semioculto por LOPD) |
|
851/2024 |
36053A01900164 |
Alxán, Soutomaior |
301 m² |
463,86 € |
17.12.2025 |
En investigación |
|
1298/2024 |
36053A01400951 |
Alxán, Soutomaior |
90 m2 |
185,84 € |
17.12.2025 |
***6967** |
|
1361/2025 |
36053A01200326 |
Moreira, Soutomaior |
1.302 m2 |
589,58 € |
23.2.2026 |
Lucinda Grande Míguez |
|
1387/2025 |
36053A01501498 |
Cortiñas, Arcade |
391 m2 |
305,69 € |
4.2.2026 |
***7857** |
|
1388/2025 |
36053A01501497 |
Cortiñas, Arcade |
338 m2 |
284,59 € |
11.2.2026 |
***0749** |
|
1393/2025 |
36053A01501282 |
Arcade |
274 m2 |
274,08 € |
4.2.2026 |
***0717** |
|
1411/2025 |
36053A01400125 |
Negueirós, Arcade |
448 m2 |
328,39 € |
24.2.2026 |
***7723** |
|
1526/2025 |
36053A01400178 |
Negueirós, Arcade |
198 m2 |
688,66 € |
20.2.2026 |
Descoñecido/a |
|
1726/2025 |
36053A01402097 |
Xesteira, Arcade |
1.694 m2 |
1.614,09 € |
27.2.2026 |
En investigación |
|
1748/2025 |
36053A01900165 |
Alxán, Soutomaior |
344 m2 |
482,78 € |
17.12.2025 |
En investigación |
|
1749/2025 |
36053A01900169 |
Alxán, Soutomaior |
1.498,9 m2 |
1.535,96 € |
17.12.2025 |
Juan Iglesias Pérez |
|
1751/2025 |
36053A01900166 |
Alxán, Soutomaior |
1.266,1 m2 |
1.317,10 € |
17.12.2025 |
En investigación |
|
1894/2025 |
36053A01700234 |
Pedreira, Soutomaior |
1.072 m2 |
363,75 € |
11.3.2026 |
En investigación |
|
2133/2025 |
36053A01000453 |
Pena, Soutomaior |
2.108,60 m2 |
377,33 € |
23.3.2026 |
Descoñecido/a |
|
213/2026 |
36053A01000452 |
Pena, Soutomaior |
271,05 m2 |
271,05 € |
23.3.2026 |
Descoñecido/a |
|
214/2026 |
36053A01000451 |
Pena, Soutomaior |
631 m2 |
254,54 € |
23.3.2026 |
Descoñecido/a |
|
346/2026 |
36053A01501591 |
Arcade |
93 m2 |
160,33 € |
11.3.2026 |
***7912** |
O artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación, efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro do Concello, e conterá os datos catastrais da parcela.
Os artigos 7.d), 22.4 e 22.10 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilítanlle a este concello a execución subsidiaria no caso de incumprimento dos traballos de xestión da biomasa, con repercusión dos custos ás persoas responsables.
O Concello poderá liquidar o custo provisional de maneira anticipada desde o momento en que se verifique o incumprimento da obriga de xestión da biomasa nos prazos sinalados na Lei xeral tributaria, sen perxuizo da súa liquidación definitiva unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria.
Cando a identidade da persoa responsable non sexa coñecida no momento de efectuar a execución subsidiaria, a repercusión dos custos adiarase ao punto en que, de ser o caso, chegue a ser coñecida, sempre que non prescribisen os correspondentes dereitos de cobramento a favor da Facenda pública.
O artigo 22.9 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os accesos necesarios aos suxeitos que acometan os traballos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas, sen que sexa preciso o consentimento da súa persoa titular, salvo aqueles supostos excepcionais en que o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.
Soutomaior, 10 de xuño de 2026
Manuel Antonio Lourenzo Sobral
Alcalde presidente
