Ao non ser posible efectuarlles a comunicación ás persoas titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, fanse públicas as comunicacións de xestión da biomasa co fin de que, no prazo de quince (15) días naturais, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, as persoas interesadas no procedemento efectúen a xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, así como a retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 da citada lei.
A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de Culleredo (Área de Transición Ecolóxica, Obras e Servizos Públicos), situadas na rúa do Concello, número 12, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.
|
Núm. de expediente |
Referencia catastral |
Localización |
Propietario/a |
Liquidación provisional |
|
1725870R |
15031A04300197 |
Lugar As Barreiras (parroquia de Sueiro) |
Gómez Rama, Manuela (herdeiros) |
183,17 € |
|
1725874Y |
15031A04300348 |
Lugar As Barreiras (parroquia de Sueiro) |
Descoñecido/a |
536,76 € |
|
1788969E |
1243713NH5914S |
Parque empresarial de Alvedro (J-03) |
Gala Vázquez, Alejandra Gala Vázquez, Enrique |
3.739,10 € |
|
1788970F |
1243714NH5914S |
Parque empresarial de Alvedro (J-01) |
Gala Vázquez, Alejandra Gala Vázquez, Enrique |
2.176,21 € |
|
1832159Q |
15031A00800108 |
Rúa Salvador Allende (Acea de Ama) |
Rodríguez Viñas, Encarnación e outros |
245,08 € |
Culleredo, 10 de xuño de 2026
José Ramón Rioboo Castro
Alcalde presidente
