A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo, na sesión extraordinaria e urxente que tivo lugar o día 29 de maio de 2026, adoptou, entre outros, o Acordo 5/216 de aprobación da oferta de emprego público sectorial para a Policía Local do ano 2026. Na súa parte dispositiva faise constar:
«Primeiro. Aprobación da oferta de emprego público sectorial para a Policía Local para o ano 2026, co número de prazas de persoal funcionario que se relacionan no anexo I.
Segundo. Este acordo publicarase no Portal de transparencia, no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Lugo.
ANEXO I
Prazas incluídas na oferta de emprego público
Promoción interna:
|
Número |
Praza |
Escala |
Grupo |
Quenda |
|
1 |
Oficial policía local |
A. e. |
C1 |
Promoción interna |
|
1 |
Inspector policía local |
A. e. |
A2 |
Promoción interna |
Acceso libre:
|
Número |
Praza |
Escala |
Grupo |
Quenda |
|
|
9 |
Policía local |
A. e. |
C1 |
6 libre/3 mobilidade |
» |
No Boletín Oficial da provincia de Lugo, número 127, do 5 de xuño de 2026, publicouse o anuncio relativo á aprobación da oferta de emprego público sectorial para a Policía Local do ano 2026.
Lugo, 18 de xuño de 2026
María Elena Candia López
Alcaldesa presidenta
