No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 278, do 4 de decembro de 2023, publicáronse as bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios/as e persoal laboral do Concello de Lugo en quenda libre, así como a prazas reservadas a promoción interna.
No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 138, do 18 de xuño de 2026, publicáronse a convocatoria e as bases específicas que rexerán o proceso selectivo para cubrir as seguintes prazas vacantes no cadro de personal funcionario do Concello de Lugo:
– 4 prazas de policía local, encadradas na escala de Administración especial, escala básica, subescala de servizos especiais, policía local, subgrupo C1, quenda de mobilidade.
– 17 prazas de bombeiro/a condutor/a, encadradas na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, extinción de incendios, subgrupo C2, quenda libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondiente anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Lugo, 18 de xuño de 2026
María Elena Candia López
Alcaldesa presidenta
