DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Xoves, 2 de xullo de 2026 Páx. 37548

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 19 de xuño de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican os oficios de citación de visitas de recoñecemento sobre o terreo de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente E-1836-C e vinte e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), ao ser descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse ás persoas indicadas no anexo os oficios de citación de visitas de recoñecemento sobre o terreo de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente E-1836-C e vinte e dous máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

Data do oficio

E-1836-C

José Rodríguez Fraga

19.6.2026

E-77-734-C

Francisco Castiñeiras Méndez

19.6.2026

E-2011-C

Manuel Cornes Iglesias

19.6.2026

E-52-C

José Fernández Otero

19.6.2026

E-1775-C

José García Pereiro, Francisca Pumar Bellón,

Manuela Pereiro Gonzales

19.6.2026

DH.A15.14741

Cándido Vigo García

19.6.2026

DH.A15.16047

Comunidade de Usuarios Cal do Agro

19.6.2026

DH.A15.27523

Avelino Regueiro López e María Castro Montes

19.6.2026

E-1791-C

Antonio Lousa Liñares e Dolores Barbeito Arcas

19.6.2026

E-1325-C

José Santos Tasende

19.6.2026

E-48-5346-C

Estrella Silveira Raña, José Santos Tasende, José Nogareda

19.6.2026

E-1608-C

Basilio Becerra Suárez

19.6.2026

E-66-6962-C

José Cundíns Espasandín,
Encarnación Llamas Apellaniz

19.6.2026

E-66-6962-C_01

José Cundíns Espasandín, Encarnación Llamas Apellaniz

19.6.2026

E-1779-C

Manuel Lema Canosa

19.6.2026

E-1779A-C

Cándido Hermida Tomé

19.6.2026

DH.A15.968

Ramón Vázquez Pereira e Ramona Blanco Pailos

19.6.2026

DH.A36.7837

Carmen Varela Villar

19.6.2026

DH.A36.7820

Adolfo Fernández Güimil e Roberto Doval Guimil

19.6.2026

DH.A36.7996

Carmen Varela Villar

19.6.2026

DH.A36.9179

Comunidade de Usuarios de Moldes

19.6.2026

DH.A36.08180

Comunidade de Usuarios Igrexario-Carballal

19.6.2026

DH.A36.12457

María Isabel Pata Blanco

19.6.2026