DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Xoves, 2 de xullo de 2026 Páx. 37547

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 19 de xuño de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública a solicitude de obras no concello de Sanxenxo (expediente DH.W36.115657).

Acciona Inmobiliaria, S.L.U. solicita de Augas de Galicia a autorización de obras coas seguintes características:

Solicitante: Acciona Inmobiliaria, S.L.U.

Expediente: DH.W36.115657.

Lugar/parroquia: lugar Mourelos, parroquia Noalla.

Concello: Sanxenxo.

Descrición das obras:

Execución da urbanización SU12 Noalla e dun colector de augas pluviais para evacualas en Rego dos Mouros (cód. río: 260) no punto con coordenadas UTM: X = 511010; Y = 4697633 (ETRS89 fuso 29N) e demolición dunha obra de paso fluvial en desuso situada nese punto.

Este anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o artigo 109 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días contados a partir do seguinte á data de publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Sanxenxo ou nas oficinas deste servizo, situadas na rúa López de Neira, 3, 4º, local 403, Vigo (Pontevedra), onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe, con cita previa no enderezo electrónico dgs.augas@xunta.gal. O proxecto obxecto desta autorización estará dispoñible para a súa consulta na páxina web deste organismo de bacía, http://augasdegalicia.xunta.gal, na sección denominada participación pública.

Vigo, 19 de xuño de 2026

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur