O artigo 33 dos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 13/2019, do 24 de xaneiro, establece que a persoa que ocupe a Xerencia será nomeada pola reitora ou o reitor, de acordo co Consello Social, para o exercicio das funcións previstas no artigo 34 dos estatutos e das atribucións establecidas na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e mais na Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia. Dispón, ademais, que terá a consideración de alto cargo e dedicación a tempo completo, e que a súa función será incompatible con calquera outra actividade profesional pública ou privada.
Deste xeito, de acordo co Consello Social, oído o Consello de Goberno e no uso das atribucións que me outorga o artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario,
RESOLVO:
Nomear xerente da Universidade de Vigo a Ana María Comesaña Álvarez, coas obrigas e responsabilidades inherentes ao nomeamento segundo a normativa aplicable e con efectos desde o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Vigo, 1 de xullo de 2026
María Carmen García Mateo
Reitora da Universidade de Vigo
