DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 3 de xullo de 2026 Páx. 37747

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 19 de xuño de 2026, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no procedemento de adxudicación de vivendas de promoción pública (expediente PO2022010).

Por resultar descoñecido o enderezo da persoa interesada, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto adoptouno a xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Pontevedra.

Para coñecer o contido integro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, 4º andar, Pontevedra.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 19 de xuño de 2026

Margarita Cabaleiro Viñas
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto obxecto de notificación

PO2022010:63

X5412351Z

Carta de adxudicación e requirimento de documentación