O 21 de maio de 2026 ditouse a Resolución número 1327/2026, relativa ao asunto de aprobación inicial do proxecto de expropiación forzosa por falta de adhesión á Xunta de Compensación da unidade de actuación 47 de Arteixo, onde se resolve:
Primeiro. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa por falta de adhesión á Xunta de Compensación da unidade de actuación 47.
Segundo. Someter ao trámite de información pública, por termo dun mes, o proxecto de expropiación forzosa por falta de adhesión á Xunta de Compensación da unidade de actuación 47, tramitado polo sistema de taxación conxunta, de conformidade co previsto no Decreto 143/2016, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do solo de Galicia.
Terceiro. Notificarlle a presente resolución de forma individualizada á persoa titular das parcelas afectadas pola actuación, xunto coa folla de valoración e a proposta de fixación dos criterios de valoración, así como realizar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e nun dos diarios de maior difusión.
Cuarto. O presente acto é un acto de trámite fronte ao que, segundo o disposto no artigo 112 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non cabe a interposición de ningún recurso.
Para os efectos do disposto no punto segundo da parte dispositiva do acordo, publícase o presente anuncio no Diario Oficial de Galicia en un dos xornais de maior difusión na provincia.
Arteixo, 3 de xuño de 2026
O alcalde
P.D. (Decreto 1243/2025, do 8 de maio)
Luis Alberto Castro Calvete
Concelleiro delegado de Urbanismo
