DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 3 de xullo de 2026 Páx. 37739

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANUNCIO do 19 de xuño de 2026, do Servizo de Consumo de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador 32S001-072-2025 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, despois de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015 sen que esta se puidese efectuar, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante o Servizo de Consumo de Ourense, con enderezo na avenida de Zamora, 13, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 19 de xuño de 2026

Cristina Estrella Vázquez Gil
Xefa do Servizo de Consumo de Ourense

ANEXO

Expediente: 32S001-072-2025.

Persoa interesada: **************.

CIF/NIF: 28703748R.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador en materia de consumo.

Acto adoptado por: director do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

Expediente: 32S001-126-2025.

Persoa interesada: **************.

CIF/NIF: Y0008842R.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador en materia de consumo.

Acto adoptado por: directora territorial do Instituto Galego do Consumo e da Competencia en Ourense.

Expediente: 32S001-064-2026.

Persoa interesada: Más Sumar Peroxa, S.L.

CIF/NIF: B32496028.

Acto notificado: acordo de inicio de expediente sancionador en materia de consumo.

Acto adoptado por: xefa do Servicio de Consumo de Ourense.