Expediente: IN407A 2026/146-1.
Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: Regulamentación Centro de Transformación Naves Dopazo-15ALGK.
Termo municipal: Arteixo.
1. Características técnicas:
– Novo centro de transformación para substituír o CTI existente Naves Dopazo (15ALGK) expediente 52.100 que se vai desmontar. Instalación dun novo centro de transformación prefabricado con envolvente de formigón e manobra de exterior 2L+1P de 250 kVA/15 kV con telecontrol.
– Desmantelamento do tramo de liña da derivación actual e do centro de transformación existente.
– A alimentación en media tensión ao novo centro de transformación Naves Dopazo realizase con entronque subterráneo na LMT aérea SBN709B tras realizar dous pasos de aéreo a soterrado en apoio existente AA3FMU8G//9 e facer entrada e saída nas celas a instalar no novo CTC. O centro pasa a estar anelado nesta LMT, con apertura da liña aérea no dito apoio para seccionamento nas celas do novo CTC proxectado.
– Proxectase un total de 34 metros de liña de media tensión soterrada en condutor RHZ1 12/20 kV 3(1×240) mm² Al tras realizar entrada e saída en celas a instalar no CTC proxectado
2. Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Lei 9/2021, de 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica, e de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.
A Coruña, 11 de xuño de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Arteixo
|
Nº parcela |
Lugar Referencia catastral |
Cultivo |
Titular |
Afectación de solo en pleno dominio |
Afectación de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio nº |
m² |
ml aér. |
ml sot. |
m² aér. |
m² sot. |
||||
|
1 |
Pol. Sabón 135 1168614NH4916N0001AU |
Urbana |
INVAZ 83, S.L. |
CTC |
33.21 |
9.0 |
27.0 |
||
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m² aér.: superficie de servidume aérea en m².
m² sot.: superficie de servidume soterrada.
