DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Luns, 6 de xullo de 2026 Páx. 37875

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 22 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de instalación de almacenamento de enerxía eléctrica en baterías (BESS) Ebro Energy O Rosal de 4,5 MW, no concello do Rosal (expediente 2026/0079).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 19 de xuño de 2026 do proxecto de instalación de almacenamento de enerxía eléctrica en baterías (BESS) Ebro Energy O Rosal de 4,5 MW, no concello do Rosal (Pontevedra), promovido por Sens Ebro, S.L.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón: https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade