De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 19 de xuño de 2026 do proxecto de ampliación de explotación de vacún de leite no lugar da Lousa, na parroquia de Cambás, no concello de Aranga (A Coruña), promovido por Lousa Agrogandeira, S.L.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón: https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2026
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
