Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública por petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
– Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
– Enderezo social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
– Denominación: Substitución de apoios entre 9WFLTK57//82 e 9WC3DANP//84 na LMTA TUI803.
– Situación: Tomiño.
– Descricións técnicas:
• Substitución dos apoios 9WFLTK57//82, 9WDWXW5G//83 e 9WC3DANP//84 por apoios tipo celosía metálica C-1.000/14.
• Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV con condutor LA-110 de 198 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado 1 (antes 9WFLTK57//82), situado na parcela 36054A051002010000ET, e final no apoio proxectado 3 (antes 9WC3DANP//84), situado na parcela 36054A051000320000EA.
• A instalación está situada no lugar da Chan, na parroquia de Taborda, no concello de Tomiño (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37; así como no portal da mencionada consellería: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 20 de marzo de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº de expediente: IN407A 2026/010-4.
Denominación: Substitución de apoios entre 9WFLTK57//82 e 9WC3DANP//84 na LMTA TUI803.
Concello: Tomiño.
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Afeccións |
||
|
Pleno dominio (m2) |
Ocupación temporal |
||||||
|
Apoio nº |
m2 |
||||||
|
1 |
Tomada Blanca. Lg. A Chan. Tomiño |
Rústico. Agrario. Piñeiral |
36054A051002010000ET |
CMVMC Taborda |
1 |
2,0 |
377 |
|
2 |
Tilleiros. Lg. A Chan. Tomiño |
Rústico. Agrario. Piñeiral |
36054A051000610000EU |
CMVMC Taborda |
2 |
2,0 |
283 |
